How to arrive

24/02/2011

TRANSLITTERA - Documental de Rafa Xaneiro

Mércores, 2 de marzo de 2011, ás 5 da tarde
Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo
Proxección de 
Translittera 
 un documental de Rafa Xaneiro, presentado polo propio autor.


Un dosier videográfico pode ser visto aquí.


Translittera é un espazo diversificado creado para a experimentación da poesía (en todas as súas formas) para alén do seu substrato máis habitual, o papel. Translittera non é unha serie de recitais, senón unha plataforma de contacto co público a través da intervención poética, do acto poético, da poesía en acción, desde perspectivas dispares e múltiples. É unha bomba no centro da palabra poesía que produce centos de anacos de metralla poética; anacos que, antes de se extraviar, son recollidos por unha serie de creadores dispostos a reconstruír cadanseu senso particular a partir desa estilla. As sesións desenvolvéronse en cinco xornadas nas fundacións Granell (Compostela), Seoane (A Coruña), Fdez. Flórez (Cecebre), Laxeiro (Vigo) e Otero Pedraio (Trasalba-Ourense), e cada unha cun programa particular e irrepetíbel no que se integraron accións poéticas e proxección de poemas visuais de diversos creadores.
Coa participación de:
Ig, Lomarti, Nela Que e Roi Fernández, María Lado e Lucía Aldao, Manuel Cortés, Antón Lopo, Iván Prado e Manolo Martínez, Lomarti, Yolanda Castaño, Nela Que e Roi Fernández, Cristina F., Estevo e David Creus, Rafael Xaneiro, Pepe Sendón, Carlos Santiago, Estevo e David Creus, Carlos Quiroga, Ig, Antón Lopo, Iván Prado e Manolo Martínez, Carlos Quiroga, Manuel Cortés, Carlos Santiago, Pepe Sendón, Rafael Xaneiro.

No comments:

Post a Comment