How to arrive

23/03/2011

Plenary lecture/comunicación plenaria: "Consciencia da marxinalidade: marcas da ideoloxía libertaria na poesía galega última"

Martes, 26 de abril
Comunicación plenaria de Isaac Lourido Hermida (Universidade de Santiago de Compostela) sobre
 
"Consciencia da marxinalidade: 
marcas da ideoloxía libertaria na poesía galega última" 
 
O obxectivo da comunicación é analizar as marcas con que se manifesta a ideoloxía libertaria en determinadas poéticas manifestadas na última década. Particularmente naquelas que carecen de avais institucionais (editorial, crítico, académico) dentro do sistema literario galego e que, por iso mesmo, apostan en disposicións enunciativas, discursivas, pragmáticas e de difusión distintas das hexemónicas. Cuestións específicas que serán abordadas atinxen os modos e as funcións con que o épico penetra nestes discursos; a funcionalidade desenvolvida por suxeitos colectivos; o referente-mundo que comparece no poema; a dialéctica estabelecida cos repertorios temático-ideolóxicos do nacionalismo, constituíntes de distintos centros que poderían ser conceptualizados para o sistema poético galego; ou o recurso a formas de produción e difusión que, materializadas na publicación colectiva e on-line, na aposta pola poesía multimedia e na representación oral, funcionan como alternativas á fórmula que garante maior consagración (a publicación impresa dun libro individual). A produción de Samuel L. París, Manolo Pipas e Alfonso Rodríguez/Minus Bálido (tamén no núcleo de creación que forma con Adri) serve como base para esta primeira exploración.
 
Isaac Lourido Hermida é investigador contratado na Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación GAAP e colaborador do proxecto poesiagalega.org.

No comments:

Post a Comment