How to arrive

26/09/2011

SIMPOSIO CULTURA E MIGRACIÓN

SIMPOSIO CULTURA E MIGRACIÓN

27 e 28 de outubro de 2011


Comité organizador
Manuela Palacios, Raquel Bello, Arturo Casas, María Teresa Díaz, Juan-Luis Pintos e María do Cebreiro Rábade.

Inscricións: do 3 ao 17 de outubro de 2011
Gratuíta para o alumnado e para o persoal da Universidade. Satisfeita unha asistencia mínima ao 75% das sesións, recibirase no acto de clausura un diploma acreditativo asinado polo Vicerreitor Adxunto de Investigación e Innovación da USC e pola Directora do CIPPCE.
A inscrición no Simposio farase mediante comunicación electrónica dirixida ao Comité Organizador, indicando no asunto “Inscrición Simposio CIPPCE” e no corpo da mensaxe o nome e apelidos xunto coa vinculación coa Universidade (no caso do alumnado, titulación e curso actual; no caso de PDI e PAS, posto e destino).
A partir do día 7 de outubro publicarase na web do Centro (na lapela Novidades) unha relación de inscritos admitidos que se actualizará progresivamente até o 17 de outubro ou até alcanzar o límite de prazas marcado polo aforo do Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Non se aceptarán inscricións posteriores a esta data. 

Paneis e comunicacións
As intervencións serán normalmente de 30 minutos (20 minutos para exposición e 10 para debate). Nos peches de sesións de mañá e tarde abrirase novamente un debate de 30 minutos sobre o conxunto das comunicacións presentadas.


XOVES 27 DE OUTUBRO — SESIÓN DE MAÑÁ

9:30 h. | Inauguración do Simposio
       Nieves Lagares (Decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais) e Manuela Palacios (Directora en funcións do CIPPCE)

9:45 h. | Panel Migracións, cultura e identidade: Repensando as migracións en Galicia
      Catro comunicacións coordinadas a cargo de María Xosé Rodríguez Galdo, Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo, María del Pilar Freire Esparís e Xosé Cordero Torrón, da Rede de Investigadores en Demografía, Historia económica e Migracións (RIDHEM,USC)

11:45 h. | Pausa

12:05 h. | Mulleres e proxección pública da cultura caboverdiana en Burela. Unha experiencia dende a intervención social
Luzia Oca González  (Grupo de Antropoloxía Socio-Cultural, USC)

12:35 h. | Identidade galega transnacional. Os centros galegos no exterior
       Xaquín Rodríguez Campos (Grupo de Antropoloxía Socio-Cultural, USC)

13:05 h. | Debate conxunto sobre as comunicacións matinais


XOVES 27 DE OUTUBRO — SESIÓN DE TARDE

16:30 h. | Panel Exilio, muller e literatura
Segunda xeración e orixes imaxinadas: a poesía de Elsa Fernández
María Xesús Lama (Universitat de Barcelona)
Exilio, historia e a visión feminina
Laura Lojo (Grupo Discurso e Identidade, USC)
Exilio e tabú
    Manuela Palacios (Grupo Discurso e Identidade, USC)

18:00 h. | Pausa

18:15 h. | Panel LITER21. Literatura infantil e xuvenil
Emigración e guerra nas obras de Marina Mayoral
Mar Fernández Vázquez (Grupo Literatura Galega. Literatura Infantil e Xuvenil, USC)
Inmigración/emigración e identidade: Lúa de Senegal, de Agustín Fernández Paz
Eulalia Agrelo Costas (Grupo Literatura Galega. Literatura Infantil e Xuvenil, USC)

19:15 h. | Debate conxunto sobre as comunicacións vespertinas


VENRES 28 DE OUTUBRO — SESIÓN DE MAÑÁ

        9:30 h. | Panel Migracións e enclaves culturais
Os enclaves americanos e a construção do Sistema LIterário Galeguista (1974-1978)
        Roberto Samartim (Grupo GALABRA, Universidade da Coruña)
Propostas en conflito para umha literatura e um país. Repertórios culturais promovidos nos enclaves americanos e na Galiza durante o tardo-franquismo
        Cristina Martínez Tejero (Grupo GALABRA, USC)

10:30 h. | Panel Discursos de/sobre a hibridación cultural: suxeitos, espazos e medios
A representación dos efectos da aculturación en ‘El cadiceño’, de Rosalía de Castro
        María López Sández (Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada, USC)
¿Es lo testimonial condición de la literatura de la inmigración? El caso español
        Sara Bernechea Navarro (Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada, USC)

        11:30 h. | Pausa

12:00 h. | Panel A Europa diaspórica: cara a unha problematización da "literatura europea" a través da migración [Moderador: César Domínguez]
Canadá: Little Italy polifónica
        Federica Angelini (Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada, USC)
outra Arxentina: a narrativa de mulleres e a emigración entre ‘tanos’ e ‘gallegos’
        Marco Paone (Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada, USC)
‘Soy dos mitades’. La identidad como guerra en Déborah Vukusic
        Isabel Domínguez Seoane (Grupo Teoría da literatura e Literatura comparada, USC)

        13:30 h. | Debate conxunto sobre as comunicacións matinais


VENRES 28 DE OUTUBRO — SESIÓN DE TARDE

16:00 h. | Riesgos, imaginarios y asociacionismo en la integración de los inmigrantes
Felipe Aliaga (Grupo Compostela de Estudos sobre Imaxinarios Sociais, USC)

        16:50 h. | Contextos específicos, identidades desprazadas: Bienais de arte e inmigración urbana
Miguel Anxo Rodríguez (Grupo Arte e Estética Contemporánea, USC)

17:20 h. | Emigración e linguas da escola en Galicia
María Teresa Díaz (Rede Inmigración, Escola e Sociedade, USC)

        17:50 h. | Debate de peche

18:30 h. | Clausura a cargo da Directora do CIPPCE e entrega de diplomas

Financiamento
Grupo de Investigación Teoría da literatura e Literatura comparada (GI-1371 USC. Coord.: Fernando Cabo).
Proxecto de investigación Plurilingüismo e conciencia lingüística. Recursos educativos para o desenvolvemento da competencia intercultural  (INCITE08PXIB400065PR. IP: María Teresa Díaz).
Proxecto de investigación Nosotros-as y ellos-as: Discursos de las escritoras irlandesas y gallegas sobre la extranjería (1980-2007) (FFI2009-08475/FILO. IP: Manuela Palacios).

No comments:

Post a Comment