O vindeiro luns 15 de outubro remata o prazo para inscribirse no II Simposio Internacional "Cultura e Crise", organizado polo Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes da USC e que se celebrará na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais os días 25 e 26 de outubro.
Trala celebración do Seminario Cultura e migración, en outubro do ano 2011, os grupos de investigación que integran o Centro de Investigación en Procesos e Prácticas Culturais Emerxentes (CIPPCE) queren impulsar un espazo de reflexión sobre as relacións entre a cultura e a crise. Atópanse a cultura e a crise nunha relación excluínte ou, pola contra, a natureza do seu vínculo é máis ben de carácter inclusivo? Pode a crise da cultura devir nunha cultura da crise? Que valores somos quen de recoñecer nas novas formas culturais que xurdiron como resultado da actual situación económica global? Están a retornar as prácticas artísticas comprometidas? Cal foi a relación entre cultura e crise noutros períodos históricos? En que sentido a actual conxuntura económica mudou o escenario das políticas culturais contemporáneas? Estas son unicamente algunhas das preguntas que nos propoñemos tomar como punto de partida neste Seminario interdisciplinar.
No Simposio abordarase a cuestión poesía-crise de forma específica no módulo "Poesía crónica", así como tamén nalgúns outros relatorios.
Inscrición:
Libre e gratuíta para o alumnado e para o persoal da Universidade. Satisfeita unha asistencia mínima do 75% recibirase no acto de clausura un diploma acreditativo.
Interesad@s en efectuar a inscrición deberán enviar un correo electrónico ao enderezo electrónico marco.paone@usc.es.
Prazo de inscrición: Do 1 ao 15 de outubro de 2012.
Non se aceptarán inscricións posteriores ao 15 de outubro.
Programa do simposio
Web do CIPPCE
No comments:
Post a Comment